Ribeira celebra o Día do Orgullo LGBTI+ cun emotivo acto encabezado por Rafa Moraña
28 Xuño 2025
A cidade de Ribeira sumouse un ano máis á celebración do Día do Orgullo LGBTI+, cun acto institucional cargado de simbolismo, compromiso e reivindicación pola igualdade de dereitos. O evento tivo lugar na mañá deste sábado e congregou a representantes institucionais, asociacións locais e veciñanza, nunha mostra pública de apoio á diversidade e ao colectivo LGTBI+.
O acto foi presidido polo alcalde Luís Pérez, acompañado polos membros da Corporación Municipal, representantes de diversas asociacións locais —como as Amas de Casa, Mulleres en Acción, Renacer, Cruz Vermella e a Cofradía da Dorna— así como pola presenza destacada do pregoeiro deste ano, o ribeirense Rafa Moraña, coñecido polo seu activismo e traxectoria vital marcada pola diversidade e a superación.
A programación da xornada foi organizada pola Concellería de Igualdade, en colaboración co Centro de Información á Muller (CIM). A técnica do CIM, Dolores Crujeiras, foi a encargada de abrir o acto, dando a benvida ás persoas asistentes e facendo unha contextualización histórica sobre o significado desta data para o colectivo LGTBI+, lembrando que non se trata só dunha celebración, senón dunha data con forte carga reivindicativa polos dereitos e liberdades.
A continuación, tomou a palabra a concelleira de Igualdade, Cruz Rivadulla, quen deu lectura a un manifesto conxunto asinado polos diferentes partidos políticos con representación no Concello. No texto defendeuse a diversidade como un valor fundamental e innegociable, subliñando que “a igualdade e os dereitos de todas as persoas, independentemente da súa orientación sexual, identidade ou expresión de xénero, deben ser respectados, protexidos e promovidos por toda a sociedade”.
Un dos momentos máis emotivos da mañá foi a intervención do pregoeiro, Rafa Moraña, veciño de Ribeira, persoa xorda e membro do colectivo LGTBI+, que compartiu coa audiencia unha intensa e conmovedora reflexión sobre a súa vida, a súa identidade e a súa visión do mundo. Moraña comezou falando da súa infancia e adolescencia en Ribeira, facendo fincapé no papel fundamental que xogaron os cinemas Vello e Novo —dos irmáns Moraña, Pepe e Amancio— na súa formación emocional e imaxinativa:
“Ao longo da miña infancia e da miña adolescencia vivín con moitas fantasías e soños a pesar da miña xordeira, e é a través dos meus ollos, grazas ás películas emitidas nestes cinemas, que sentía que estaba preparado para afrontar o mundo”.
Rafa tamén tivo palabras de agradecemento para a súa familia de acollida, que o coidou desde que tiña tan só 19 meses, destacando o papel fundamental que xogaron Maruca e Pepe Moraña, así como as súas fillas: María José, Ana e Bea, en darlle apoio, amor e identidade.
Durante o seu discurso, invitou á reflexión sobre o que implica ser unha persoa xorda e LGTBI+ na sociedade actual. Sinalou que, paradoxalmente, unha das vantaxes das persoas xordas é que se atopan en certa medida “ao marxe” da “contaminación acústica tóxica” que reproducen os discursos de odio nos medios de comunicación, nos púlpitos relixiosos ou en certos espazos políticos. Subliñou que, no movemento asociativo de persoas xordas en España, hai máis de 100 persoas LGTBI+, e que para moitas delas a homosexualidade é algo asumido con naturalidade, sen prexuízos externos.
Criticou tamén a presión que sofre a infancia LGTBI+ en contornos hostís, facendo referencia aos comentarios homófobos que moitas veces escoitan os nenos nas súas casas, que poden ter un impacto devastador no seu desenvolvemento:
“Por exemplo, un neno oe dicir ao seu pai: ‘É un maricón asqueroso’. Isto é perigoso se ese neno ten clara a súa identidade ou orientación, porque seguramente sufrirá en silencio”.
Rafa Moraña rematou o seu discurso cunha forte mensaxe de esperanza e determinación:
“O amor non se esconde, a diversidade salta á vista e a liberdade non se negocia”, e apelou ao compromiso de toda a sociedade para poñer fin ás agresións físicas e verbais contra o colectivo, que, segundo datos recentes, afectaron a máis de 800.000 persoas en España no último ano.
O peche do acto correu a cargo do alcalde Luís Pérez, quen afirmou que este evento non é un punto final, senón “unha semente que seguimos regando cada día co noso compromiso e co noso orgullo”. O rexedor destacou os avances logrados en materia de dereitos, pero tamén advertiu que a loita continúa mentres existan discriminación, silencio ou medo.
Tamén reivindicou o modelo de cidade que quere para Ribeira: unha cidade diversa, aberta e respectuosa, onde ninguén se vexa na obriga de marchar para vivir libremente a súa identidade ou orientación.
O alcalde concluíu a súa intervención cunha mensaxe clara e contundente que foi moi aplaudida polas persoas asistentes:
“Fronte ao odio, liberdade; fronte ao medo, orgullo; fronte á intolerancia, compromiso”.
Vista aérea do porto de Ribeira A crise da vivenda, lonxe de remitir, vai a máis (intensifícanse os desaloxos; redúcese o mercado inmobiliario; dispáranse os prezos das vendas e dos alugueiros; increméntanse as propiedades dos fondos de investimento, dos grandes...
O Mago Antón, un dos grandes referentes galegos e estatais da maxia, a prestidixitación e do ilusionismo, estará este sábado 26 de setembro en Boiro para ofrecer o seu espectáculo Cagliostro. Unha historia de maxia no camiño, unha proposta de ilusionismo pensada para...
No marco das festas de Santa Tecla de Corrubedo, a parroquia vai acoller estes sábado un concerto de Gaviotas Negras, a banda de San Diego con raíces en Corurbedo. Estarán acompañados do músico e showman Tonhito de Poi e máis de Harpo Slim. Será a partir das 19.00...
O Centro de Día (CD) de Rois, pertencente á rede de centros da Xunta de Galicia, celebra esta tempada 16 anos de compromiso directo co benestar, a autonomía e a calidade de vida das persoas maiores. No marco das actividades conmemorativas este 25 de setembro, entre as...
Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...
LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...