Premiados en Pobra polo grupo de Barbanza de Amnistía Internacional os mellores microrrelatos sobre as mulleres en Afganistán

22 Xuño 2025

Este domingo 22 de xuño celebrouse na Praza da Leña da Pobra do Caramiñal o acto de entrega de premios do VIII Concurso de Microrrelatos organizado polo grupo de Barbanza de Amnistía Internacional, centrado nesta edición nas mulleres afgás e baixo o lema “Quero escoitar a túa voz”.

Durante o acto, presentado pola organización e co xurado presente, as persoas galardoadas leron os seus textos, que foron recoñecidos tanto polo xurado profesional como a través das redes sociais da entidade.

Na categoría de 1º e 2º da ESO, os premios foron para:

  • Alejandro Manuel Álvarez Pérez (Colexio Bayón), Premio do Xurado polo relato “Aimla Haila, a muller do Graffiti”
  • Daniela Miniño Martínez (Colexio Bayón), Premio do Instagram por “¡Oh, mi querido buda!”

Na categoría de 3º e 4º da ESO:

  • Sara Torres González (IES Leliadoura), Premio do Xurado polo relato “Un nó de lume na gorxa”
  • Adriana Bouzas Noal (Colexio Bayón), Premio do Instagram por “Quero ser unha bolboreta”

O xurado estivo composto por Toño Piñeiro, Irene Fernández, Marta Ojea e Ana Rilo, quen fixeron entrega dos galardóns nun acto que tamén contou cun apartado artístico especial. A soprano Elisabet Lustres, a cantante Olalla Alvite e a poetisa Marta Ojea puxeron a nota musical e poética a unha mañá centrada na defensa dos dereitos humanos a través da palabra.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.