Durante o vindeiro mes de agosto, Porto do Son acollerá un curso de interpretación pianística estival para estudantes de todos os niveis: o Piano Summer Festival & Masterclass, dirixido a alumnado principiante, profesional ou avanzado.
O curso, impartido por Leticia Recamán Casal, dará formación a persoas adultas e rapazada a partir de 9 anos, con preferencia para o alumnado matriculado na ESMU (Escola de Música) de Porto do Son.
As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición logo de cumprimentar o formulario en liña habilitado pola ESMU.
O prazo de inscrición estará aberto entre o 1 e o 14 de xullo.




