Padrón convida a descubrir a súa historia este verán con visitas guiadas e teatralizadas

11 Xuño 2025

O Concello de Padrón presentou unha nova programación de visitas guiadas e teatralizadas para os meses de xullo, agosto e setembro, co obxectivo de poñer en valor o patrimonio histórico, artístico e literario da vila. A iniciativa está organizada en colaboración coa agrupación teatral Os Quinquilláns e co divulgador histórico Suso Martínez, e está dirixida tanto á veciñanza como ás persoas que visitan a localidade durante o verán.

A programación inclúe tres propostas diferentes que permiten coñecer episodios históricos e figuras senlleiras de Padrón, como o traslado dos restos do Apóstolo Santiago ou a vida de Rosalía de Castro, a través de percorridos comentados e representacións en vivo.

A primeira das actividades será a visita teatralizada Camiño branco de Rosalía, a cargo do grupo Os Quinquilláns. Trátase dun percorrido polas pegadas vitais e literarias da autora, con paradas en lugares emblemáticos da súa biografía. Desenvolverase os mércores 2, 8, 16, 23 e 30 de xullo, en galego, ás 20:00 horas, con saída desde Fondo de Vila.

A cargo de Suso Martínez, a segunda proposta leva por título Sedis Irienses e permitirá afondar na historia dunha das sedes episcopais máis antigas de Galicia. A visita comeza no adro da Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia e inclúe unha parada no cemiterio de Adina. Terá lugar os venres 1, 8 e 22 de agosto, tamén ás 20:00 horas.

A terceira das actividades será a visita guiada titulada A Traslatio, que ofrece un percorrido guiado por Suso Martínez que segue o lendario roteiro do traslado dos restos do Apóstolo Santiago. As visitas realizaranse os venres 5, 12, 19 e 26 de setembro ás 20:00 horas, cun punto de encontro situado en Fondo de Vila.

As visitas son gratuítas, pero é necesario realizar a inscrición previa a través da páxina web de turismo do Concello.

Con esta iniciativa, o Concello de Padrón consolida a súa “aposta pola cultura como motor de dinamización social e turística”, ao tempo que contribúe “á divulgación do seu valioso legado histórico e literario”, explicaron fontes do Goberno local.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hay corruptos porque los controles no funcionan”. Manuel Velo

“Hay corruptos porque los controles no funcionan”. Manuel Velo

Se echan de menos los contrapesos que actúen a tiempo con neutralidad y profesionalidad. No hay verdadero interés por acabar con la corrupción a pesar qué según datos, España tiene más órganos de control que cualquier país de la UE. Las escaramuzas que de vez en cundo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.