Os xardíns do Pazo do Faramello entran a formar parte do itinerario cultural europeo de xardíns históricos

14 Xuño 2025

Turismo de Galicia vén de propor os xardíns do Pazo do Faramello para formar parte do Itinerario cultural Europeo de Xardíns Históricos. A Xunta elevou esta proposta no decurso da asemblea anual dos membros integrantes deste itinerario Cultural, que tivo lugar en Bruxelas o pasado mes de maio.

Con esta nova incorporación, son dez os xardíns galegos que forman parte deste itinerario: xardíns do Pazo de Mariñán, xardíns da Alameda de Santiago de Compostela, Xardíns do Pazo do Faramello, Xardíns do Pazo de Oca, xardíns do pazo de Santa Cruz de Ribadulla, xardíns do Pazo de Rubianes, xardíns do Pazo de Quinteiro dá Cruz, xardíns do Castelo de Soutomaior, xardíns do Pazo de Lourizán e xardíns do Pazo de Quiñones de León.

Precisamente, a ruta da camelia, impulsa por Turismo de Galicia, percorre estes espazos desde 2023 aproveitando a época de floración desta flor característica da comunidade.

Deste xeito, a contorna natural do Pazo do Faramello entra no club de xardíns que esixe, entre outros aspectos, que se trate de espazos cun mínimo de antigüidade, con especies botánicas e nun bo estado de conservació. Ademais, deben ser xardíns auténticos, que ofrezan horario estable de apertura ao público e que organicen actividades de diferente natureza, ao tempo que teñen que facilitar servizos para o visitante e contar cun historial de publicacións do xardín.

Outros artigos

Mércores 28, xornada de tempo seco e máximas en ascenso

A metade oeste concentrará a maior parte da nubosidade, mentres que os termómetros gañarán graos durante as horas centrais do día. A comunidade galega vivirá este mércores unha xornada marcada polo tempo seco e un ascenso moderado das temperaturas máximas, como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.