Os Estaleiros Catoira (Rianxo) acolleron a botadura do “Patexo”

09 Xuño 2025

A Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros organizou este sábado 7 de xuño a presentación oficial da nova embarcación de media construción: O Patexo. A cita foi ao mediodía do sábado nos Estaleiros Catoira de Rianxo. O Patexo é a máis recente incorporación á frota da asociación e foi realidade grazas á colaboración de diversas administracións.

“O Patexo”, explicaron,supón a recuperación dunha tipoloxía que foi desaparecendo do Golfo Ártabro, como é a de media construción”. Con esta iniciativa, engadiron dende a asociación, “volverá verse nas nosas augas esta tipoloxía de embarcación grazas ao que supón non só un labor de recuperación dunha fasquía tradicional, senón tamén, de todo un saber mariñeiro ligado á carpintería de ribeira”.

Na botadura participaron os integrantes da asociación e tamén o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, quen sinalou a importancia de recuperar este tipo de embarcacións para “manter viva a nosa tradición e os saberes propios da cultura mariñeira”. Neste senso, destacou o traballo que vén desenvolvendo Ramón Collazo, responsábel de Asteleiros Catoira e Presidente de AGALCAR, para a recuperación deste patrimonio e para a súa transmisión as xeracións futuras.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...