Os 5K “El Canario” farán unha homenaxe en Ribeira a José Nespereira na súa quinta edición

10 Xuño 2025


Ribeira acolleu este martes 10 de xuño a presentación da nova convocatoria da carreira 5K “El Canario” que nesta quinta edición homenaxeará ao
corredor ribeirense Jose Nespereira. Na rolda cos medios participaron o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal xunto con Clara Millares e Israel Benitez, responsábel do Club El Canario. Xabier Vidal anunciou que a data da carreira será o vindeiro domingo 22 de xuño na praza Pablo Neruda ao lado do Concello. A carreira absoluta sairá ó redor das 10:00 horas e percorrerá un circuíto urbano que pasará polo Malecón, As Carolinas e unha parte do porto. Farase un circuíto ao redor do Concello a partir das 10:45 h para as categorías; zapatilla inclusiva, carreira por parellas e as carreiras de menores (a partir de 3 anos).

Vidal animou á veciñanza, á xente da comarca e de toda Galicia a inscribirse na páxina web das Carreiras Galegas até o mércores 18 e finalizou agradecendo o traballo ao Club El Canario, ao GAEM e á Policía Local, “que velarán pola seguridade da proba”.

“A carreira contará co soporte da Federación Galega de Atletismo”, indicou Clara Millares, e puntualizou que “esta proba aspira a ser
homologada pola Federación, sería unha boa proba de 5K para incorporar no calendario da Federación”.

Millares indicou que haberá trofeos para os corredores locais –para os tres primeiros nas categorías masculinas e femininas– e tamén haberá uns bonos de 100 euros para os primeiros, un pantalón deportivo para os segundos e uns calcetíns para os terceiros. “Despois para os absolutos haberá premios en metálico e trofeos para os tres primeiros nas dúas categorías así coma medallas en tódalas categorías” sinalou Clara.

O homenaxeado este ano será José Nespereira, todo un clásico neste deporte en Ribeira “que nos aportará ese grao de experiencia e
sabedoría”.

Para rematar, animou aos afeccionados a inscribirse e agradeceu a colaboración do Concello, a tódolos patrocinadores, ao Club de Remo da
Pobra, ao Club Reventapistóns, ao GAEM e á Policía Local.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.