O xantar do Club de Xubilados de Lousame reuniu preto de 250 persoas en Aldeagrande

02 Xuño 2025

Preto de 250 persoas participaron no xantar de confraternidade organizado pola Asociación Club de Xubilados de Lousame, en colaboración co Concello de Lousame, e que tivo lugar nunha carpa instalada na contorna do seu local en Aldeagrande.

O tempo acompañou e os maiores desfrutaron dun menú composto por polbo, carne ao caldeiro, empanada e orella á feira a cargo da Polbeira Crisóstomo (Vila de Cruces). O grupo noiés Aires de Broña puxo a nota musical e non foron poucos os que se animaron a botar unhas bailas tras o xantar. Ao acto asistiron os concelleiros de Obras, Ramón Martínez; Deportes, Mariel Agrafojo; e Protección Civil, José Antonio Ces.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.