O PSOE de Rianxo di que o Goberno local “renuncia ao Orzamento de 2025” e “á aplicación da Relación de Postos de Traballo”

19 Xuño 2025

O PSOE de Rianxo emitiu un comunicado no que critica que “o Goberno local renuncia ao Orzamento de 2025”. Segundo din, “a decisión de non impulsar as contas non só supón o incumprimento da súa promesa electoral de aplicar a Relación de Postos de Traballo (RPT), senón que perpetúa unha situación de caos orzamentario, impagos e falta de transparencia”. No grupo indican “que queremos deixar claro que non pretendemos unha RPT aprobada só sobre o papel, senón a súa aplicación real e efectiva, con dotación económica suficiente e vontade política firme para mellorar as condicións laborais do persoal municipal. A renuncia do alcalde a dotar ao Concello dun novo Orzamento fai imposíbel avanzar neste obxectivo”.

Critican que o Orzamento prorrogado de 2024 “está completamente desfasado”, “con partidas infravaloradas e sen capacidade para responder ás necesidades reais do municipio, o que obriga á alcaldía a formular modificacións de crédito constantes e a levantar reparos da intervención de xeito
continuado”. A consecuencia directa desta situación, continúan, “é que empresas, comerciantes, asociacións e clubs deportivos levan máis dun ano sen cobrar moitas das facturas que se lles adebedaban”. Critican tamén que “a alcaldía incumpre os prazos legais establecidos para a presentación de
documentos fundamentais como o informe de execución orzamentaria de 2024, que debía estar dispoñíbel antes do 31 de marzo”.

E engaden: “Desde o grupo socialista reclamamos que se faga pública a débeda do Concello en relación coas facturas pendentes de pago, e que se elabore un documento oficial, accesíbel á veciñanza, que amose claramente onde se gastan e como se gastan os cartos públicos. É imprescindíbel garantir transparencia e rendición de contas”.

Outros artigos

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.