O PP pedirá no Senado a exención fiscal de ata 60.000 euros para os barcos que leven a bandeira española en augas internacionais

11 Xuño 2025
Manuel Ruiz Rivas nunha imaxe de arquivo

O grupo do Partido Popular defenderá no Senado as reivindicacións do sector pesqueiro da provincia de A Coruña “que coinciden coas principais necesidades do sector a nivel nacional” que e “están estreitamente relacionadas co relevo xeracional, a necesidade da homologación de títulos e igualar condicións fiscais con respecto a outros países”, así o fixo saber a delegación de senadores do Grupo Popular na Comisión de Pesca do Senado, na que se atopa o ribeirán Manuel Ruiz Rivas. O grupo cre “necesario establecer exencións fiscais de ata 60.000 euros para barcos que leven a bandeira española en augas internacionais”. Comprometeuse ademais a dar traslado das demandas dos distintos actores do sector pesqueiro tras escoitar de primeira man aos seus representantes do sector (patróns maiores das confrarías da provincia).

“Os problemas da pesca nos que máis inciden todos e cada un dos seus actores é a remuda xeracional”, apuntou Ruiz Rivas, portavoz do Grupo Popular na Comisión de Pesca no Senado, que asegurou que algunhas das demandas máis urxentes do sector son “facilitar a obtención de títulos, especialmente para a xente que ten experiencia no mundo do mar, así como revisar as condicións para a homologación de títulos doutros países e adaptar a formación ás necesidades do sector facilitando que os traballadores do mar poidan chegar facilmente a ser uns tripulantes cualificados”.

O popular avanzou que “estamos dispostos a defender un marco estatal único e harmonizado de titulacións náutico-pesqueiras que garanta o seu recoñecemento automático en todo o territorio nacional”.

Por outra banda, recalcou Rivas o sector reclama a aplicación das mesmas medidas fiscais para as empresas españolas que noutros países europeos. “Xa temos rexistrada unha iniciativa para reclamar exencións fiscais de ata 60.000 euros para aquelas tripulacións que operan con bandeira española en augas fóra do noso territorio nacional”, indicou o senador popular.

A ese respecto, o Grupo Popular ten presentado unha proposta para instar ao Goberno de España a ampliar a exención tributaria do IRPF e modificar parcialmente as leis dos Impostos sobre Sociedades, Imposto da Renta para No Residentes (IRNR) e sobre o Patrimonio aos tripulantes españois en buques de bandeira española que faenan fóra das augas españolas. “O obxectivo é o de estimular o relevo xeracional e, sobre todo, evitar a fuga de talento para países con condicións fiscais máis favorecedoras”, concluíu Rivas.

Outros artigos

Corrubedo celebra as súas festas de agosto de 2026

A localidade de Corrubedo celebra as súas grandes festas do mes de agosto cun amplo programa de actividades deportivas, relixiosas e lecrativas que se estenderá durante os días 2, 6, 7, 8, 9, 14 e 15. A programación arrincaou no eido deportivo o domingo 2 de agosto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

La crisis de Ceuta fue analizada desde muchos ángulos, pero la rabiosa actualidad obliga a volver sobre ella porque deja enseñanzas que, como ciudadanos, debemos conocer. Primero, la entrada masiva en Ceuta, más que un episodio migratorio, es un drama humano de miles...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.