“O mar, berce da vida que non coidamos” – Antón Luaces

09 Xuño 2025

Este domingo, 8 de de xuño, o mar acendeu catro mil millóns de velas. Con elas celebramos o Día Mundial dos Océanos xa que logo, na súa condición de berce da vida que ven ser o mar, resulta obrigado sermos conscientes da nosa responsabilidade porque nós, os humanos, somos os verdadeiros responsábeis do seu esgotamento, da súa contaminación sen límites e da súa destrución de xeito irresponsable. Inconscientemente, poñemos en risco o noso futuro e o de moitas especies de vida das que dependen moitas das nosas.

Como lembra WWF, mares e océanos subministran máis da metade do osíxeno que respiramos. E con el, alimentos, medicinas e medios de vida para milleiros de millóns de persoas. 

Son os océanos un inmenso sumidoiro do CO2 que emitimos á atmosfera e que, obrigadamente, deberiamos protexer polo noso propio interese.

E no canto de coidalos, contribuímos a ameazalos pola acción do home: sobreexplotación pesqueira, turística, mineira, quecemento global, especies invasoras e perda de biodiversidade, tráfico mariño, vertidos e contaminación por plásticos.

Cada ano vertemos á natureza máis de 100 millóns de toneladas de residuos plásticos. Desta cantidade, a décima parte chega ao mar e moitas serán convertidos en microplásticos da nosa comida. Amais, este tsunami formado por plásticos -lembran os ecoloxistas- dun só uso, artes de pesca abandonadas ou redes pantasmas, afectan ao 45% dos mamíferos mariños en perigo de extinción e ao 90% das especies mariñas. Nun só ano máis de 100.000 animais mariños morren atrapados, asfixiados ou envelenados, máis de 270 ao día!.

De non frealo, a contaminación mariña por plásticos vaise cuadruplicar no ano 2050 e o Mar Mediterráneo e o xeo mariño Ártico serán zonas críticas que xa superan o limiar perigoso de concentración de microplásticos.

Se queremos unha pesca sostible debemos colaborar en facer que os océanos sexan a nosa maior fonte de vida. En maior medida onde,  coma no Barbanza, o gran protagonista da vida é o mar. Que o Día Mundial dos Océanos, celebrado este domingo, sexa reclamo para promover o cambio que reclaman os mares.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.