O PP reclama ao Goberno que active o procedemento de responsabilidade ambiental pola vertedura de granulados plásticos

16 Xuño 2025

O Grupo Parlamentario Popular no Senado, a iniciativa da súa voceira de Pesca, o ribeirense Manuel Ruiz Rivas, rexistrou unha moción para o seu debate en Comisión na que reclama ao Goberno de España que inicie de forma inmediata o procedemento de esixencia de responsabilidade medioambiental previsto na Lei 26/2007, do 23 de outubro, tras a vertedura de granulados plásticos ocorrido o 8 de decembro de 2023 en augas internacionais fronte á costa de Viana do Castelo (Portugal).

Esta vertedura, ocasionado polo buque Toconao, provocou en palabras do PP “unha crise ambiental no noroeste español, especialmente en Galicia”. O grupo lembrou que “a Xunta activou o Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental (Plan CAMGAL), mobilizando máis de 300 efectivos en 56 praias de 34 concellos, logrando retirar máis de cinco toneladas de bólas plásticas e 20 toneladas de residuos”. O custo destes labores foi estimado pola Xunta nuns 2,3 millóns de euros.

O 19 de xaneiro de 2024, a Xunta solicitou ao Goberno central o inicio do procedemento de esixencia de responsabilidade medioambiental á armadora do buque, conforme o artigo 41 da Lei 26/2007. Explicou o grupo no Senado que “ante a falta de resposta no prazo legal de dez días hábiles, considerouse producido o silencio administrativo negativo, e desde entón non se recibiu resposta substantiva por parte do Ministerio para a Transición Ecolóxica, a pesar de comprometerse a dar unha contestación tras a reunión mantida o 26 de febreiro co secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán Fernández”.

O Grupo Popular no Senado presentou a seguinte moción para o seu debate en Comisión:
MOCIÓN

1- “Ao amparo do disposto no artigo 41 da Lei 26/2007, do 23 de outubro, de responsabilidade medioambiental, iníciese de forma inmediata un procedemento de esixencia de responsabilidade medioambiental como consecuencia da vertedura ao mar de granulados de plástico producido en augas internacionais o día 8 de decembro de 2023, polos posibles danos medioambientais causados ao dominio público marítimo-terrestre”.

2- “Este procedemento tería por obxecto a identificación dos suxeitos responsábeis, a avaliación dos referidos danos medioambientais, a definición das medidas de prevención, evitación e reparación e a repercusión dos custos das medidas adoptadas polas autoridades autonómicas e locais”.

3- “O Goberno de España deberá tomar cantas medidas fosen necesarias para evitar que as autoridades autonómicas e locais teñan que acudir á xustiza ordinaria na reclamación dos custos causados na reparación dos danos ambientais causados na costa”.

4- “Instar ao Goberno de España a que defenda ante as autoridades Comunitarias un endurecemento da lexislación correspondente ao transporte marítimo que conte con este tipo de materiais para que se faga de forma máis responsábel e segura para as nosas costas”.

Outros artigos

Venres de transición nas Rías Baixas e Compostela

Ceo presentará nubes de tipo alto que non impedirán o paso do sol e nubes de evolución Galicia encara este venres 8, San Caetano, baixo unha atmosfera pouco definida que deixará sentir os seus contrastes máis acusados no eixe que conecta a capital galega coa liña...

+

A Regata Rías Baixas fará escala na Pobra o vindeiro 14 de agosto

A Pobra do Caramiñal acolleu este xoves a presentación da etapa da Regata Rías Baixas, que terá como destino a vila o vindeiro venres 14 de agosto, procedente de Portonovo. Trátase dunha das citas máis destacadas do calendario náutico galego, que reunirá na localidade...

+

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.