A organización do festival muradán Castelo Rock compartiu a axenda de concertos para a súa edición XXI, a edición 2025, que se celebra a comezos do mes de agosto, os días 8 e 9 de agosto, desta volta no centro da vila. En palabras dos organizadores, “será unha edición diferente, máis íntima e especial que encherá as rúas de Muros de música, de bo ambiente e de cultura”.
O aforo será moi limitado (500 entradas) xa que o festival terá lugar no corazón do casco histórico da vila, “algo que fará que esta edición sexa única”. Haberá concertos, sesións vermú e actividades paralelas “que converterán a Muros en centro de interese esa fin de semana”.
O cartel está formado por Gorka Urbizu, Familia Caamagno, Pauliña, Lisdexia, Catuxa Salom, Capital Voskov, Tete de la Course, Mascada e Eris MacKenzie.
Entradas en www.castelorock.gal. Os prezos serán de 15 euros (abonos) e de 10 euros para socios.
O festival está organizado pola ACRD Praia do Castelo coa colaboración do Concello de Muros e a Deputación da Coruña.




