O concerto da Banda de Música de Lousame e da orquestra, banda e coro do Conservatorio Profesional de Noia reuniu a máis de cen persoas

23 Xuño 2025

Máis dun cento de persoas participaron na noite do venres 20 de xuño nun concerto ofrecido pola Banda Municipal de Lousame e alumnado da orquestra, banda e coro do Conservatorio Profesional “Felipe Paz Carbajal” de Noia.

A actuación tivo lugar na praza Teodomiro Hidalgo de Lousame, organizado pola Asociación Cultural Prudencio Romo en colaboración co Concello de Lousame.

Durante algo máis dunha hora, lousamiás e noieses actuaron de forma conxunta, interpretando distintas pezas como Lenda de Maracaibo, Alborada, Negra Sombra, Of castles and legends ou a Muiñeira dos Pendellos.

O acto estivo presidido pola presidenta da Asociación Cultural Prudencio Romo, Isabel Molares, e a alcaldesa lousamiá, Teresa Villaverde. E é que, unha vez rematada a sesión plenaria extraordinaria, os concelleiros do Equipo de Goberno e do PSOE sumáronse ao concerto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.