O Concello de Rois promove a concienciación veciñal coa celebración de charlas sobre a limpeza de fincas e a prevención de incendios

06 Xuño 2025

O Concello de Rois acolleu o martes 27 e o venres 30 de maio dúas xornadas informativas en Rois e Urdilde co obxectivo de achegar á veciñanza as obrigas legais e boas prácticas en materia de prevención de incendios forestais.

As sesións foron impartidas por unha axente medioambiental do Distrito Forestal IV do Barbanza, que explicou de forma detallada os aspectos máis relevantes da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, poñendo o foco nos relativos á xestión da biomasa vexetal e á corta de especies incluídas na rede de faixas secundarias.

O Concello organizou estas charlas como parte da súa estratexia de sensibilización cidadá, destacando a importancia de manter limpas as parcelas situadas nos perímetros entre os terreos forestais e os núcleos de poboación, unha das medidas máis efectivas para reducir o risco de incendios.

Desde o Concello de Rois faise un chamamento á colaboración veciñal para cumprir coa lexislación vixente e protexer o territorio fronte ao lume.

O Goberno local agradece a asistencia das persoas participantes e reitera o seu compromiso de seguir organizando accións formativas e informativas que contribúan á prevención de incendios e á protección do patrimonio natural do municipio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.