O Concello de Rois inicia a desafectación de dous camiños en Albagueira para reorganizar os accesos ao monte veciñal

20 Xuño 2025

A Corporación municipal de Rois aprobou esta mañá, cos votos a favor do Partido Popular e en contra do grupo socialista, o inicio do expediente de desafectación de dous tramos de camiños públicos sen uso situados en Albagueira, na parroquia de Ermedelo.

O procedemento publicarase no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e na sede electrónica do Concello, abríndose un prazo de 30 días para que a veciñanza e entidades interesadas poidan presentar suxestións, alegacións ou reclamacións.

A proposta partiu de Manuel López López, quen se compromete a abrir un novo camiño de 58 metros de longo por 4 de ancho nunha finca da súa propiedade, unha vez rematada a desafectación. Este novo trazado comunicaría a estrada que vai de Vilachán a Ermedelo co camiño de Albagueira a Penavide, mellorando así a accesibilidade ao monte veciñal en man común.

Segundo un informe técnico elaborado en abril, o obxectivo é reorganizar a rede viaria da zona, eliminando tramos antigos moi estreitos e con forte pendente, que dificultan o paso de vehículos e maquinaria agrícola, e substituílos por unha vía máis ampla e funcional.

A Consellería do Medio Rural emitiu un informe favorable á desafectación a comezos de xuño. Desde a alcaldía deféndese que a medida beneficia o interese público, polo que foi respaldada polo PP. Pola súa parte, o grupo socialista votou en contra tras solicitar acceso ao expediente completo.

Concello

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.