O Concello de Ribeira instala unha nova cuberta na bancada norte do Campo de Fútbol da Tasca en Aguiño

26 Xuño 2025

O Concello de Ribeira informou do inicio dos traballos para instalar unha nova cuberta na bancada norte do Campo de Fútbol da Tasca, en Aguiño. Así o confirmou o concelleiro de Obras, Xabier Vidal, que visitou a parroquia de Aguiño para supervisar os traballos que, segundo dixo, comezaron este mesmo mércores 25 de xuño. O concelleiro explicou que a cuberta da grada xa tiña un desgaste estrutural por mor do salitre e a intemperie, “xa que este campo está a cen metros do mar aberto”. A maiores, a mesma cuberta o 8 de marzo coa borrasca Jana sufriu un desprendemento dunha chapa metálica duns seis metros de longo, soltouse e quedou só agarrada por unha única ancoraxe, co que corría serio perigo de saír voando. Daquela, os bombeiros do Parque de Ribeira, coa colaboración dos membros do GAEM, subiron á cuberta para quitar esa chapa metálica que deixou á bancada sen seis metros de cuberta.

Polo tanto a Concellería de Obras está nestes días, procedendo á proxección dunha nova estrutura para integrar o novo material da cuberta que irá co
acabado en HPS (High Pressure Laminate) cunha garantía de 20 anos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.