O Concello de Boiro organiza unha nova edición do Festival Aloumiño para a cativada

17 Xuño 2025

Será este sábado, 21 de xuño, cando Boiro acolla unha nova edición do Festival Aloumiño, un festival para toda a familia con actividades e actuacións pensadas para o público infantil e familiar que se levarán a cabo na rúa peonil e no paseo marítimo de Barraña.

Indo ao programa do festival, dicir que as actividades darán comezo ás 11.30 horas da mañá na rúa peonil con dous obradoiros de Sisel Animación: Maquíllate en galego e No fondo do mar, tamén haberá xogos a cargo da entidade inclusiva Amicos. Ás 12 horas terá lugar o espectáculo Ecoralia a lambona ecolóxica, de Pakolas e a partir das 13 horas pasarrúas de Iguatuke.

Pola tarde retomaranse as actividades no paseo marítimo de Barraña, a carón do edificio das Colonias con Percubebés: O Alcacaque, a divertida aventura de Pelán que comezará ás 17 horas. Ás 17.30 horas, xogos populares miudíño; ás 18 horas As tareixas: A cadeira da avoa; ás 19 horas Charlatán Rodríguez, de Rendos Pequeno e para rematar ás 20 horas Circo Cambuche, de Henriko.

Para rematar sinalar que todas as actividades serán de balde e non requiren inscrición previa.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.