O Concello de Boiro incorpora tres novos auxiliares de Policía Local que prestaran servizo en Boiro durante os meses de verán co obxectivo de reforzar o servizo nos meses de maior actividade e máis dispositivos especiais con motivo de festexos e outras actividades lúdicas que se desenvolven no municipio.
Este persoal súmase ao actual cadro da Policía Local do municipio que se incrementará nas vindeiras semanas coa incorporación dos seis axentes en prácticas que neste momento se atopan completando a súa formación a Axencia Galega de Seguridade Pública.
O alcalde, José Ramón Romero, recibiu aos novos policías xunto co xefe do corpo, Raúl Frieiro, e desexoulles “moita sorte nesta etapa no concello de Boiro e moitos éxitos no seu futuro laboral”.




