O Concello de Boiro abre o prazo de inscrición nos Veráns Deportivos 2025

16 Xuño 2025

O Concello de Boiro abre este luns 16 de xuño o prazo de inscrición nos Veráns Deportivos 2025, actividades en distintas modalidades deportivas que se van desenvolver do 23 de xuño ao 4 de setembro. Toda a información sobre as distintas actividades está dispoñíbel no departamento municipal de deportes.

A XXXII edición dos Veráns Deportivos contén propostas de actividades deportivas para rapaces e rapazas coa colaboración dos clubs deportivos do municipio. Entre as actividades que se desenvolven está o remo, piragüismo, volei praia, baloncesto, atletismo, tenis, taekwondo, vela… así como actividades para mozos e adultos e ximnasia para xubilados.

Ademais das actividades que se desenvolven durante todo o verán, haberá competicións propias que se organizan os clubs deportivos xunto co servizo municipal de deportes como o campus “Rufino Regueira” de natación e triatlón, o campus de baloncesto co Obradoiro CAB, Depor Campus…

O prazo de inscrición das actividades está aberto dende este luns 16 de xuño. Toda a información está dispoñíbel na web municipal, no departamento de deportes situado Edificio das Colonias de Praia Xardín, no enderezo electrónico deportes@boiro.org ou o teléfono 679 712 621.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...