O Concello da Pobra aumenta as axudas dos seus clubs deportivos

16 Xuño 2025

Dende o Concello da Pobra veñen de publicar unha nova convocatoria de subvencións para financiar as actividades realizadas no 2024, cunha importante novidade: a suba destas axudas, que chegan até os 31.000 euros para apoiar aos clubs e entidades deportivas do municipio. Con respecto ao exercicio anterior, a contía incrementouse un 24%. Engadir que o prazo de solicitude estará aberto desde mañá, martes 17 de xuño e até o luns, día 30 do mesmo mes.

Segundo o concelleiro de Deportes, Eloy Sobrido, o obxectivo “é apoiar o labor que realizan estas entidades, cuxa oferta deportiva se complementa coa do Concello, brindándolle á veciñanza unha maior variedade”. Subliñar que poderán solicitalas os clubs e asociacións deportivas do concello sen ánimo de lucro, legalmente constituídas, que desenvolvan a súa oferta no municipio e que estean ao corrente coas súas obrigas e non teñan outra subvención municipal sen xustificar.

As axudas servirán para cubrir gastos derivados da realización de actividades ao longo do ano pasado. Deste xeito, non se poderán incluír outros por adquisición de bens nin gastos financeiros, notariais, rexistrais, periciais, multas, sancións e recargas administrativas ou penais, os tributos directos a cargo dos entes beneficiarios, nin en concepto de axudas ou indemnizacións por desprazamento, manutención ou aloxamento satisfeitas pola entidade beneficiaria.

As entidades poderán presentar as súas solicitudes a través da sede electrónica da Pobra do Caramiñal. O prazo comezará a partir de mañá, martes 17 de xuño.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.