O Campo de Vista Alegre acollerá o XVI Torneo de Fútbol Base Abanqueiro SD os días 7, 8, 14 e 15 de xuño

03 Xuño 2025

O Concello de Boiro colabora coa Escola Municipal de Futbol (EFM) na organización do XVI Torneo de Fútbol Base – Abanqueiro SD, que terá lugar os días 7, 8, 14 e 15 de xuño no Campo Municipal de Vista Alegre. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participaron na presentación da actividade xunto con Julio García, membro da EFM. Segundo explicaron, o sábado día 7 celebrarase pola mañá a fase previa de alevíns e benxamíns e pola tarde a fase final de biberóns; o domingo 8 a fase final de prebenxamin; o sábado 14 será a fase final benxamín e o domingo 15 a fase final de alevíns. Entre as dúas fins de semana van participar uns 130 equipos de 52 clubs en todas as categorías. “Festexamos tamén a gran tempada da Escola de Futbol con varios ascensos e equipos campións de liga, ademais do ascenso do Abanqueiro SD”, afirmou Julio García.

“Moitos parabéns á EFM polos éxitos desta tempada e por seguir apostando por esta actividade deportiva destinada ás categorías base e que redunda tamén no dinamismo e a economía do municipio”, afirmou o concelleiro Marcos Fajardo. Está previsto que pasen polas instalacións de Vista Alegre entre as dúas fins de semana arredor de 5.000 persoas.

Pola súa parte o alcalde, José Ramón Romero, convidou a todas as persoas asistentes a “desfrutar deste torneo que é un dos máis bonitos porque participan rapaces moi pequenos que desfrutan do deporte á vez que obteñen uns valores moi necesarios para o seu día a día e polos que queremos seguir apostando”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.