O cambio climático compromete a viabilidade do marisqueo en Galicia

18 Xuño 2025

Expertos en ciencias mariñas alertan de que o cambio climático está a afectar gravemente á produtividade do marisqueo en Galicia, poñendo en risco a viabilidade dun sector que dá emprego a unhas 4.000 persoas e xera un volume de negocio duns 160 millóns de euros anuais.

Así se puxo de manifesto no ciclo “Velando pola nosa relación co mar. Os mares dannos vida”, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) en colaboración coa Deputación da Coruña. A sesión final celebrarase mañá, xoves 19 de xuño, na Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, e poderá seguirse tamén por streaming a través da canle de YouTube da RAGC.

Durante o encontro, abordarase a relevancia do cultivo mariño e o papel estratéxico das rías galegas como sustento alimentario e motor económico. Os coordinadores do ciclo, os científicos Fiz Fernández e Miguel Gil, do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, destacaron a importancia de afrontar os desafíos ambientais actuais e planificar unha economía azul sostible.

Impacto dos eventos climáticos extremos

A catedrática Elsa Vázquez, decana da Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo, advertiu de que fenómenos meteorolóxicos extremos, como as vagas de calor ou as precipitacións intensas, están a afectar especialmente ás especies marisqueiras da zona intermareal, como o berberecho ou as distintas variedades de ameixa.

Vázquez sinalou que estes eventos provocan non só mortalidade directa, senón tamén efectos subletais, como o incremento do gasto enerxético nas respostas fisiolóxicas de defensa, o que repercute negativamente no crecemento e reprodución das especies.

Ante esta situación, propón medidas adaptativas como a monitorización ambiental continua, a creación de modelos de alerta temperá, a diversificación das especies explotadas e a protección efectiva dos hábitats mariños.

Mexillón: sostible, saudable e infravalorado

O biólogo mariño Xabier Irigoien, do centro de investigación AZTI (País Vasco), puxo en valor o mexillón como un alimento altamente sustentable e nutritivo, destacando o seu baixo impacto ambiental e o seu papel beneficioso para a saúde. “É unha das fontes de proteína máis saudables, rica en omega-3, vitaminas e minerais esenciais, e cunha pegada de carbono mínima”, sinalou. Lamentou, porén, que non reciba o recoñecemento que merece, nin pola súa calidade nutricional nin polo seu potencial como alternativa sostible.

Un océano para o futuro

Finalmente, o investigador Sebastián Villasante, recentemente nomeado membro da Comisión da Terra, abordará a economía azul como clave do desenvolvemento sostible. Alertou de que a crecente demanda de recursos está a intensificar a presión sobre os océanos, con conflitos potenciais entre actividades tradicionais (pesca, turismo, acuicultura) e emerxentes (enerxía mariña, minería, biotecnoloxía). Villasante defende unha planificación integrada que permita aproveitar o potencial económico do mar sen comprometer os ecosistemas nin o benestar das comunidades costeiras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.