O Auditorio de Ribeira vibrou este sábado co concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia

08 Xuño 2025

Este sábado 7 de xullo Ribeira converteuse no epicentro da música clásica galega cun concerto memorábel da Orquestra Sinfónica de Galicia, que fixo as delicias dun Auditorio Municipal ateigado de público. A actuación, organizada pola Concellería de Cultura en colaboración coa Deputación da Coruña, formaba parte da programación cultural do mes de xuño.

O concerto contou coa participación de 35 músicos baixo a dirección do prestixioso violinista e director Roberto González-Monjas. O programa estivo integramente dedicado a Mozart, ofrecendo un repertorio brillante e emocional que incluíu o Concerto para violín nº 4 en re maior, o Rondó en do maior e o Concerto para violín nº 5 en la maior. O virtuosismo da interpretación e a calidade sonora daorquestra foron premiadas cunha ovación prolongada do público, que encheu por completo o recinto.

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, destacou a enorme acollida do evento e lembrou que “este concerto é froito dun compromiso adquirido
hai un ano, cando moitos veciños e veciñas quedaran sen entrada na primeira visita da Sinfónica. Hoxe cumprimos esa promesa cunha noite
que quedará na memoria cultural da nosa vila”.

Agradeceu a implicación da Deputación da Coruña e puxo en valor “a resposta da cidadanía, que está apoiando con entusiasmo toda a
programación cultural desenvolvida polo Concello. Os cheos absolutos demostran que Ribeira tiña sede de cultura”. Engadiu que “a exitosa celebración do concerto consolida a Ribeira como un referente na oferta cultural da comarca, e anticipa unha programación de verán cargada de propostas para todos os públicos”.

Desde o Concello reiteran o seu compromiso por seguir achegando espectáculos de primeiro nivel á veciñanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.