O alumnado da especialidade de forestal do Obradoiro de Emprego de Boiro desenvolve tarefas de acondicionamento no Castro

10 Xuño 2025

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o concelleiro de Comercio, Formación e Emprego, Roberto Lojo, realizaron na maña deste 10 de xuño unha visita ao alumnado da modalidade de forestal o Obradoiro de Emprego Torre Goiáns IV que está a desenvolver tarefas de roza e acondicionamento da zona do Castro, en Cabo de Cruz.

O obradoiro que se está a desenvolver ten unha duración de 9 meses e nel fórmanse 20 alumnos/as traballadores nas especialidades de Instalación en elementos de carpintería e Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas. O alumnado conta cun contrato de traballo para formación e aprendizaxe a tempo completo de 40 horas semanais mediante o que se forma de xeito teórico e tamén práctico.

Durante o desenvolvemento das actividades formativas o alumnado desenvolve tarefas de mantemento e conservación e diversos puntos como é o percorrido do Camiño A Orixe, cerramentos de madeira e pasarelas, consolidación de frondosas, mellora das faixas contra incendios…

Para levar a cabo o Obradoiro de Emprego Torre Goiáns IV, o Concello de Boiro recibe da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia unha subvención por importe de 411.628 euros para desenvolver talleres duais de emprego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.