Novas achegas da Secretaría da Lingua para a promoción do galego en Boiro, Outes, Ribeira, Padrón, Muros, A Pobra, Rianxo, Rois e Dodro

23 Xuño 2025

O Diario Oficial de Galicia publicou a concesión das axudas da Xunta para accións de promoción do galego destinadas ás entidades locais con achegas repartidas en 87 concellos, agrupamentos e mancomunidades, unha convocatoria na que a Secretaría Xeral da Lingua (Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude) investiu en total 350.000€.

No que respecta aos concellos de Barbanza e da súa contorna estariamos a falar das seguintes contías: 7.088 euros para Boiro (mantemento do servizo lingüístico), 6.961,06 € para Outes (mantemento do servizo lingüístico), 7.498,90 € para Ribeira (mantemento do servizo lingüístico), 2.119,01 € para Padrón (programas de dinamización lingüística), 5.239,19 € para Muros (mantemento do servizo lingüístico), 5.547,38 € para A Pobra do Caramiñal (mantemento do servizo lingüístico), 2.438,66 € para Rianxo (programas de dinamización) e 9.185,00 € para Rois e Dodro (mantemento do servizo lingüístico).

As subvencións están dirixidas “a fomentar a prestación dun servizo lingüístico, ben mediante a súa creación ou co mantemento ou reforzamento dun xa existente, promovendo o desenvolvemento de programas de dinamización en concellos”. Ademais, tamén se impulsa, cos agrupamentos de municipios, a incorporación de localidades de menos de 3.000 habitantes que se poidan atopar con menos recursos para desenvolver estas tarefas.

A iniciativa responde ao compromiso do Goberno autonómico co apoio ás entidades locais no labor de normalización lingüística, en liña coas medidas incluídas no Pacto pola Lingua, colaborando con axudas económicas á posta en marcha e mellora dos servizos neste eido e “tendo en conta que a administración local constitúe unha vía de dinamización da lingua prioritaria pola súa proximidade e o contacto mais directo coa cidadanía”.

Segundo informou a Secretaría Xeral, o obxectivo específico e concreto das axudas é “o desenvolvemento de propostas encamiñadas á creación e posta en marcha dun servizo lingüístico, habilitando un departamento técnico inserido na entidade local co fin de planificar, xestionar, executar e avaliar medidas, accións e actividades dinamizadoras da lingua, ou, no seu caso, ao mantemento dun servizo xa existente no concello, dándolle continuidade ás súas iniciativas ou reforzándoo de maneira que se poida atender a necesidades como a incorporación de máis persoal técnico”.

Así, os proxectos en concreto implican a realización de accións e campañas de dinamización lingüística ben en formato material, como pode ser libros, audiolibros, xogos, ou representacións artísticas, ou ben no eido dixital como as propostas baseadas en soportes electrónicos, na web ou nas redes sociais. A isto, engádeselle o reforzo da formación lingüística, impulsando cursos formativos de lingua galega coa implicación do propio persoal técnico dos concellos.

Outros artigos

O Pleno de Noia reproba ao alcalde pola xestión da Praza de Abastos

O Pleno do Concello de Noia aprobou unha nova reprobación ao alcalde Santiago Freire. A moción, impulsada de forma conxunta pola oposición —PSdeG-Noia, Marea Cidadá de Noia, BNG e o concelleiro non adscrito—, contou incluso co apoio de NO.I.A (Noieses Independentes...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Coñecían os andares”. Luís Celeiro

“Coñecían os andares”. Luís Celeiro

Se contaran e anotaran os roubos sacrílegos perpetrados nos últimos séculos deberíanposuír unha extensa libreta de dimensións considerables, tan grandes como a listaxe dosnomes, dos topónimos e dos obxectos. E, quen rouba ou para quen rouba? Hai quen roubao perdón, o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.