Nova concentración pola sanidade pública no Centro de Saúde de Ribeira

26 Xuño 2025

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública no Barbanza volveuse reunir novamente este xoves 26 de xuño ao mediodía diante do Centro de Saúde de Ribeira para reclamar novamente a cobertura do cen por cen das prazas do persoal do Centro en Ribeira. Como vén sendo costume, no transcurso da concentración procedeuse á lectura de manifestos en defensa dun sistema sanitario público, universal e de calidade, alertando da precariedade do servizo sanitario no Barbanza, que, segundo denuncian dende a plataforma, leva anos sufrindo falta de medios e persoal e precisa medidas urxentes da Consellería de Sanidade para emendar unha situación, de por si crítica, que se agravará as semanas vindeiras coa chegada da poboación turista.

Entre as principais queixas figuran a falta de médicos de familia, o colapso nas citas de atención primaria, a redución de servizos no hospital comarcal e a precariedade laboral do persoal sanitario. Os manifestantes tamén esixiron máis recursos para a atención á saúde mental e unha maior cobertura nos centros periféricos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.