“Nin cuestión de confianza, nin moción de censura: Pedro Sánchez, sigue”. Antón Luaces

16 Xuño 2025

Pedro Sánchez, secretario xeral do PSOE e presidente do Goberno español, foi claro e contundente na rolda de prensa -a primeira por el celebrada ao respecto- para ofrecer apuntamentos que permitan ao pobo español coñecer se vai ou non continuar presidindo o Executivo após a expulsión do Partido Socialista Español do exministro de Transportes José Luís Ábalos e o cesamento de Santos  Cerdán como secretario de organización do mesmo partido.

A estes cambios na estrutura do Goberno e do PSOE, un desafío: Pedro Sánchez oferta á oposición a convocatoria, diante das solicitudes por estas de novas eleccións parlamentarias, a presentación dunha moción de censura ou, no seu defecto, a dunha cuestión de confianza, ambas as dúas opcións que PP e  VOX rexeitan aceptar por sí  mesmas dado que a suma de representantes de ambas as formacións -sen contar con outros apoios na Cámara baixa- non outorgan a PP e VOX a maioría necesaria para estes superar os votos que, na actualidade, ten a coaligación PP-VOX. 

Non sei se decisións deste tipo conforman o espírito básico do “Manual de Resistencia” deseñado en formato libro polo propio Pedro Sánchez. Tampouco, a ciencia certa, sei do grao de aceptación que a executiva socialista concedeu na tarde deste luns ás propostas que o secretario xeral do seu partido fixo. Mais o certo é que Sánchez non semella ser ese político que a oposición  presenta como apegado ao cargo porque xa evidenciou en distintas oportunidades  que conta con moitas posibilidades de que, en calquera reviravolta do camiño político, perda o nomeamento.

A día de hoxe, nen  unha moción de censura, nen unha cuestión de confianza. abondan para vencer a resistencia de manual que Pedro Sánchez emprega maxistralmente para seguir ao temón deste barco chamado España que Santiago Abascal tenta patronear e que Núñez Feijoo non goberna porque “non quere”.

Que facer, logo?: agardar ás próximas eleccións por se aparecen no camiño novos atrancos que axuden a agatuñar aos aspirantes?.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...