Medio Ambiente achega 368 rutas guiadas con arredor de 5.400 prazas para visitar as Illas Atlánticas

12 Xuño 2025

O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia oferta este verán un total de 368 rutas guiadas con aproximadamente 5.400 prazas para coñecer a natureza, o patrimonio cultural e arqueolóxico e a historia das illas que conforman este espazo natural, segundo informou a Consellería de Medio Ambiente que dirixe Ángeles Vázquez, engadindo que “todas as rutas faranse en grupos reducidos co fin de poder ofrecer unha experiencia da máxima calidade”.

A illa de Cortegada, en fronte de Carril (Vilagarcía)

No caso de Cíes e de Ons, as persoas interesadas en participar nalgunha das visitas con guía que se realizarán a diario entre o 15 de xuño e o 15 de setembro poderán apuntarse tanto de xeito presencial, nas casetas de información localizadas nas propias illas, como a través da central de reservas.

En canto ás rutas guiadas polo arquipélago de Cortegada (Vilagarcía), que serán os domingos en grupos de 14-15 persoas, só hai opción de reservar a través da web. Baixo o título Cortegada, un bosque no medio do mar, ofreceranse en total oito visitas —29 de xuño; 6, 13 e 20 de xullo, e 10, 17 e 24 de agosto— e o prazo para poder reservar praza pecharase catro días antes da data de cada excursión. Habilitarase unha lista de agarda para cubrir as posibles baixas que se produzan entre os inscritos.

Ademais, no caso concreto de Cíes e Ons a solicitude a través da central de reservas en liña deberá facerse cunha antelación máxima de 15 días e ata 24 horas antes da realización da ruta; e as inscricións de xeito presencial tramitaranse o mesmo día.

Haberá tamén actividades guiadas puntuais na illa de Sálvora a partir de xullo, aínda que se comunicarán máis adiante xa que, polo momento, non está pechada a programación.

Cómpre subliñar que, aínda que todas estas rutas guiadas son totalmente gratuítas, os visitantes deberán facerse cargo do seu traslado ata a illa. No caso de Cíes e Ons, ao existir transporte regular durante o verán, cada persoa debe solicitar a correspondente autorización de visita e o seu billete de barco. O guía, pola súa parte, estará esperando ao grupo nos puntos de información das illas.

No que respecta a Cortegada, o propio Parque Nacional organiza o grupo e contrata o transporte, pero o visitante, logo de reservar a súa praza a través da páxina habilitada, debe pagar o billete á navieira seguindo as indicacións que lle farán chegar.

En canto á temática, os percorridos están pensados para achegar aos participantes tanto aspectos naturais como culturais e histórico-etnográficos que axudan a coñecer cada un dos arquipélagos. As rutas ofertadas de maior percorrido e duración son Cíes, unha illa de paisaxes ou Ons: unha illa con 2 caras, nas que se visitan miradoiros e que permiten tratar contidos xerais sobre a biodiversidade e riqueza natural das illas.

Máis centradas nos aspectos históricos e etnográficos destes arquipélagos, os visitantes poderán anotarse este verán aos itinerarios Cíes: unha viaxe no tempo, Ons: un pobo no mar ou Os primeiros poboadores de Ons. Tamén se ofrecen outras máis curtas e específicas como Entre mareas, O segredo da praia de Rodas, Silencio…píase! ou Por que as augas están tan frías, que se centran nalgún aspecto específico como a zona intermareal, o complexo lago-dunar de Rodas ou as aves e a vida mariñas, que percorre toda a costa da illa descubrindo a súa historia e as súas árbores.

Outros artigos

O Pleno de Noia reproba ao alcalde pola xestión da Praza de Abastos

O Pleno do Concello de Noia aprobou unha nova reprobación ao alcalde Santiago Freire. A moción, impulsada de forma conxunta pola oposición —PSdeG-Noia, Marea Cidadá de Noia, BNG e o concelleiro non adscrito—, contou incluso co apoio de NO.I.A (Noieses Independentes...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Coñecían os andares”. Luís Celeiro

“Coñecían os andares”. Luís Celeiro

Se contaran e anotaran os roubos sacrílegos perpetrados nos últimos séculos deberíanposuír unha extensa libreta de dimensións considerables, tan grandes como a listaxe dosnomes, dos topónimos e dos obxectos. E, quen rouba ou para quen rouba? Hai quen roubao perdón, o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.