Martes 3, chega unha fronte feble ás Rías Baixas con máis nubes e posibles choivas febles pola noite

02 Xuño 2025

Este martes, as Rías Baixas deixarán de estar baixo a influencia do anticiclón debido á chegada dunha fronte pouco activa polo noroeste peninsular. A xornada estará marcada pola presenza de nubes medias e altas, que permitirán aínda así momentos de sol ao longo do día.

Co avance das horas, o céu cubrirase progresivamente, especialmente nas zonas costeiras e no interior occidental da comarca, e non se descartan precipitacións febles durante a noite, sobre todo na franxa atlántica e na metade norte.

As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente, mentres que as máximas se manterán sen cambios significativos (11/24 graos) . O vento soprará frouxo do suroeste, aínda que poderá acadar intensidade moderada no litoral. Ao final do día, rolará a noroeste, marcando o cambio de situación meteorolóxica.

A pesar do aumento da nubosidade, será unha xornada aínda relativamente tranquila nas Rías Baixas, antes da posible chegada de máis inestabilidade nos días seguintes.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e do noroeste á noite, forza 4 a 5 á mañá, 3 a 4 á tarde e 2 a 3 á noite. Forte marusía á mañá, marusía á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.