Martes 17, ceos despexados e temperaturas elevadas

16 Xuño 2025

As altas presións continuarán un día máis estacionarias ao norte da Península Ibérica, xerando un vento do nordés e achegando aire cálido procedente do norte de África.

Deste xeito, espérase unha xornada na que predominen os ceos despexados, con algunha nube de estancamento na Mariña Lucense e nubes de evolución pola tarde no sueste, que poderían deixar algún amago tormentoso.

As temperaturas continuarán en ascenso, acadándose valores moi elevados en toda Galicia (17/36 graos). Os ventos soprarán do nordés, moderados no litoral Norte, mentres que nas Rías Baixas predominará o réxime de brisas costeiras pola tarde.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e variable á noite, forza 2 a 3 á mañá, 2 a 4 á tarde e 1 a 2 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e mar rizado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.