Máis de dous centenares de regatistas daranse cita en Vilagarcía a partir deste venres 27 para a Semana Galega da Vela

26 Xuño 2025
A clase 420 durante a pasada edición. Foto de Clara Giraldo

Máis de dous centenares de regatistas reuniranse, a partir deste venres 27 de xuño no Centro Galego de Vela, para disputar a Copa Xunta de Galicia – Semana Galega de Vela, proba que organiza a Real Federación Galega de Vela e que marca o inicio da tempada de verán para as clases de vela lixeira.

“A Semana Galega da Vela, sen dúbida, está moi instaurada como o evento de inicio de verán para toda a vela lixeira de galicia, e a verdade é que sempre temos moito volume. Cremos que este ano será de novo un éxito”, afirmou Bruno Gago, director técnico federativo, engadindo que “á xente gústalle moito a proba e é unha gran ocasión para xuntarse e compartir experiencia, os máis pequenos cos maiores, ademais de poder ver moito clases distintas navegando á vez”.

Ao longo das tres xornadas que durará a competición, a cita irá tomando forma de maneira graduada para as nove clases convocadas. As frotas de Optimist, 420 e ILCA 4 serán as encargadas de inaugurar mañá os marcadores coas primeiras probas do seu programa a partir das 15.00 horas, e o sábado, pola súa banda, farano as outras seis clases restantes: ILCA 6, Vaurien, Raceboard, Techno 293, Radio Control e Wingfoil, que se estrea por primeira vez na competición arousá.

Do mesmo xeito que en anos anteriores, o formato de competición estará dividido en dúas fases: unha primeira fase clasificatoria —con oito probas programadas para Optimist, ILCA 4 e 420, e seis para o resto de clases— e unha definitiva Medal Race de dobre puntuación, que se disputará o domingo nas inmediacións do Centro Galego de Vela e será a encargada de definir o podio da Copa Xunta de Galicia – Semana Galega da Vela.

A cita finalizará coa entrega de trofeos aos vencedores, programada para o domingo ás seis da tarde. Como Copa Xunta de Galicia, durante o acto entregarase tamén o galardón ao mellor club clasificado e aos mellores regatistas, masculino e feminino, de entre os máis de 200 participantes.

Charlas formativas
É a gran novidade xa anunciada desta edición. Neste 2025, a RFGV puxo en marcha un ciclo de charlas formativas para os federados, co fin de actualizar os coñecementos técnicos dos asistentes, compartir experiencias e promover o desenvolvemento deportivo.

Das sete programadas, a última coincidirá coa celebración da competición. Será este sábado, no Centro Galego de Vela, tras a disputa das regatas, e contará cos irmáns Martín e Jaime Wizner como protagonistas. Ambos compartirán as súas vivencias e a súa experiencia no último Europeo de 49er, no que se proclamaron campións absolutos da clase.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.