Máis de 150 persoas participan nunha sardiñada no Club de Xubilados de Lousame

19 Xuño 2025

Máis de 150 persoas participaron na sardiñada organizada pola Asociación Club de Xubilados de Lousame, en colaboración co Concello de Lousame, e que tivo lugar na contorna do seu local en Aldeagrande.

Foi unha sardiñada de San Xoán que se adiantou á data oficial para así non coincidir coas festas locais e permitir a asistencia dun maior número de persoas.

O tempo acompañou e os maiores desfrutaron dun menú no que as sardiñas asadas estiveron acompañadas por pan de broa e chourizos á grella.

A música correu a cargo do grupo noiés Aires de Broña. Ao acto asistiron os concelleiros de Obras, Ramón Martínez; Deportes, Mariel Agrafojo; e Protección Civil, José Antonio Ces.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.