“Irmandade xurídica galega” – Xosé González Martínez

14 Xuño 2025

Despois de dezasete anos de existencia, a Irmandade Xurídica Galega segue arrecadando novos efectivos para o fomento da lingua galega nos usos xurídicos. Isto faise coa constancia dos xuristas que actualmente son meritorios exemplos a imitar. Este é o caso,por poñermos un exemplo, do maxistrado e presidente da Sección 2º da Audiencia Provincial de Pontevedra, Xosé Xoán Barreiro, que dirixe as vistas orais lucindo na súa toga o escudo da Irmandade Xurídica Galega dando reiteradas mostras da súa coherencia lingüística. “Señoría, yo no soy gallegohablante”, adoitan advertirlles algúns xustizables ante a súa indeclinable galeguidade lingüística nas vistas orais do Tribunal que preside, co ánimo de que se exprese en castelán. “Pero vostede é galegoescoitante? Si señoría. Pois logo limítese a responder a esta Presidencia que sempre o fará en galego; e se hai algo que non comprenda, está no seu dereito a pedirme que lle traduza a frase ou palabra en cuestión”.

Con xuristas deste talante foi artellándose a Irmandade Xurídica Galega. O próximo día 21 celebrarase unha nova asemblea anual, desta volta na Facultade de Dereito da USC. Os actos comezarán coa descuberta dun busto do notario Victorino Gutiérrez Aller; homenaxe xusta a quen co seu esforzo persoal deu pulo á Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística e Irmandade Xurídica Galega das que foi activo cofundador, e redactou milleiros de protocolos notariais en galego.

A seguir, no Salón de Graos do centro universitario, amais da recepción dos novos xuristas que se incorporan, na Orde do Día figuran dous obxectivos de gran transcendencia. Por unha banda, a sinatura dun acordo de colaboración co Colexio Notarial de Galicia para dinamizar o uso da lingua galegas nos instrumentos xurídicos que se tramitan nas súas oficinas co apoio institucional da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia. Entre as medidas acordadas prevese a organización dun curso de linguaxe xurídica para os traballadores destas oficinas, así como a actualización do Formulario Notarial que no seu día redactara don Victorino Gutiérrez Aller para incorporalo aos programas informáticos. Temos que sinalar a boa predisposición do equipo directivo do Colexio, nomeadamente do seu decano, que amosaron entusiástica colaboración para que o notariado galego estea en harmonía coa cultura e lingua do país.

Na mesma asemblea anunciarase a proposta que a Irmandade Xurídica Galega vén de facerlles conxuntamente á Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia e Ministerio de Xustiza para que o próximo programa informático, “Atenea”, permita a incorporación da lingua galega na tramitación dos procedementos procesuais no noso idioma.. A demanda foi asinada por 120 funcionarios da Xudicatura (maxistrados, fiscais e letrados da Administración da Xustiza) e 250 operadores xurídicos (avogados, procuradores, funcionarios de distintos corpos xudiciais), profesores de facultades de Dereito. Os presidentes do TSXG e algunhas Audiencias Provinciais tamén explicitaron a súas ahdesións.

As iniciativas constantes para mobilizar os profesionais do Dereito, Xudicatura e persoal da Administración de Xustiza, encadéaronse sen solución de continuada nos dezasete anos de existencia da Irmandade Xurídica. Abonda sinalar, por exemplo, os actos realizados cos concellos galegos que teñen externalizados os seus servizos xurídicos para que os avogados utilicen a lingua galega nos procedementos procesuais, coa expresa demanda de que os xulgados e tribunais diten sentenzas en lingua galega ao abeiro do art. 7.2. da Lei de Normalización Lingüístico . Cómpre sinalar o comportamento senlleiro da Asesoría Xurídica da Deputación de Lugo encargada do tráfico xurídicos de todos os concellos da provincia. As consecuencias positivas para a normalización lingüísta son evidentes.Por unha banda galeguizan a actividade xurídica dos concellos, e, pola outra, contaxían lingüísticamente a funcionarios e xuíces que se familiarizan co noso idioma nos trámites xudiciais. Por esta razón recibirán o Premio Lois Peña Novo o próximo día 3 de xullo no castelo de Soutomaior.

Xosé González Martíne é presidente do Foro E. Peinador.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

La primera visita del Papa a España, algo más que un viaje pastoral, ya forma parte de la historia. Nuestro país está viviendo unos días extraordinarios, cargados de emoción, simbolismo y esperanza, que permanecerán durante mucho tiempo en la memoria colectiva de...

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

"El estado soy yo" (L'État, c'est moi) es una célebre frase atribuida al rey Luis XIV de Francia (el "Rey Sol"). Él y otros como él si son estado, pero nosotros no somos estado. Nosotros somos los que alimentamos al estado, es decir el menú del estado Trabajamos seis...