Incendio nun domicilio da avenida da Constitución, no concello de Boiro

15 Xuño 2025

Os bombeiros do parque Provincial de Boiro recibiron aviso pasadas as 13:10 horas dun posible incendio nunha vivenda da avenida da Constitución, en Boiro.

A incidencia foi ocasionada por unha pota esquecida ao lume polo que o operativo consistiu no acceso á vivenda, a retirada do artiluxio do lume e na comprobación das pertinentes condicións de seguridade.

O operativo estivo integrado tamén pola Policía Local, Garda Civil e Protección Civil.

Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.