Gardacostas incauta 6.000 cacharros e nasas dende o inicio da veda do polbo

06 Xuño 2025

O servizo Gardacostas de Galicia fixo balance da actividade xerada para para permitir a recuperación do polbo dende o inicio da veda, o pasado mes de abril, intre no que arrincou o comezo da parada biolóxica que foi sucedida por dous meses de prohibición que finalizará o vindeiro 1 de xullo.

O obxectivo desta medida técnica é “axustar a xestión pesqueira ao ciclo de vida da especie e así protexer a súa reprodución e contribuír a unha explotación sostíbel deste recurso pesqueiro”. No tempo transcorrido o servizo autonómico de Gardacostas de Galicia intensificou os operativos para velar o cumprimento da prohibición da captura deste cefalópodo por medio de calquera arte, en augas nas que Galicia ten competencias en marisqueo.

Nos últimos dous meses as actuacións realizadas por este departamento autonómico permitiu o comiso dun total de 1.287 quilos desta especie, o 64% na área de A Guarda- Ría de Vigo. Nesta liña, esta mesma zona concentrou o 77,6% das incautacións de cacharros, 4.613, que xunto coas nasas de polbo retiradas suman un total de 4.655 aparellos. Cifras moi por detrás douras zonas como Fisterra-Porto do Son con 584 (9,7%) e Arousa Sur con 512 (8,5%) cacharros e nasas. Cifras que son complementadas coas rexistradas en Ferrol con 159 (2,7%), Pontevedra- A Lanzada con 61 (1%) nasas e a costas lucense con 28 (0,5%) aparellos.

O 62% das incautacións tiveron lugar ao longo do mes de abril, primeiro mes no que entrou en vigor a prohibición, cun total de 3.723 cacharros e nasas incautados grazas ao despregue de efectivos de Gardacostas por toda a costa galega. Unha presión contra a actividade furtiva que tivo os seus efectos no mes de maio reducindo en case o 40% a retirada destes artes de pesca ata os 2.276. Desde o servizo autonómico, dependente da Consellería do Mar, explican que en moitas ocasións estes aparellos conteñen no seu interior femias ovando, o que pon en risco a conservación desta especie, polo que son devoltas ao mar. Gardacostas continuará intensificando a persecución da actividade furtiva despregando novos operativos ao longo deste mes de xuño por todo o litoral da comunidade.

Outros artigos

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.