Falece Salvador Domato, cóengo da Catedral de Santiago

18 Xuño 2025

Fora director do Arquivo Histórico Diocesano e secretario de Antonio María Rouco Varela

Monseñor Salvador Domato, cóengo da Catedral de Santiago, director do Arquivo Histórico Diocesano e exsecretario de Antonio María Rouco Varela entre 1994 e 2005, faleceu este mércores, informou o cabido.

Nacido en Caldas (Pontevedra) en 1944, cursou Filosofía e Teoloxía no Seminario Maior e licenciouse en Teoloxía en Roma en 1968.

Diplomado ademais en Arquivística e Biblioteconomía, creou en 1974 o Arquivo Histórico Diocesano, á fronte do cal estaba.

Desde 2017 era párroco da capela da Corticela. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.