Este sábado 7 de xuño celébrase a Festa da Arte e da Cultura de Porto do Son: a feira Creasón

05 Xuño 2025

Este sábado 7 de xuño Sonora Asociación Cultural, en colaboración co Concello de Porto do Son, vai organizar a feira Creasón, a Festa da Arte e da Cultura de Porto do Son. Trátase, sinalan dende a organización, “dun espazo creativo no que, ademais de amosar a artesanía local, contarase con música en directo, obradoiros para persoas adultas, sesións vermú e de contacontos e moitas máis sorpresas”. A feira desenvolverase na praza Rosalía de Castro.

O programa de actividades arrincará ás 10.30 horas coa apertura da mostra de artesanía e proseguirá ás 12.00 co obradoiro de máscaras cerámicas e ás 12.30 horas co espectáculo A roxiña de Carballosa e o cego de Aradiza. Logo será a quenda da sesión vermú con Thais Suki. Pola tarde, despois do xantar, a feira de artesanía volverá abrir as portas a partir das 16.00 horas. Farao cun obradoiro de iniciación ao toque con culleres e, a continuación, cun taller de pendentes de mar e outro sobre regueira. Ás 18.30 horas haberá un contacontos con Nuska Chousa. O peche da mostra está previsto ás 20.00 horas. Un cuarto de hora máis tarde celebraranse os sorteos e máis a entrega de premios. A parte musical, a partir das 19.30 horas, virá da man de Ebora e BMT Suevia.

As persoas do territorio de Porto do Son adicadas á artesanía e á creación interesadas en participar na mostra poden poñerse en contacto coa organización a través das súas redes sociais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.