“Están a tomarnos por parvos”. José Luis Calo

30 Xuño 2025


A frase “lavarse as mans” no contexto político español é unha metáfora que describe
a acción de desentenderse dunha responsabilidade ou dun problema, evitando así
asumir culpas ou consecuencias. Estes días vemos como Greenpeace alerta de que
os 1.000 bidóns radioactivos localizados, son só unha mínima parte dos residuos
nucleares vertidos no Atlántico durante décadas. Por que o Executivo central non fixo
nada durante décadas? Pasaron gobernos de ambas cores, e ten que vir unha
expedición francesa a localizar bidóns radioactivos fronte ás costas galegas e
“sacarnos as castañas do lume”, como ben nos di a metáfora, resolverlle un
problema complicado a outra persoa, a miúdo asumindo un mesmo os riscos ou o
esforzo que esa solución implica. A súa orixe atribúese á fábula de “O mono e o gato”
da Fontaine, onde o mono convence ao gato para que saque as castañas do lume,
arriscándose a queimarse as mans. Será que os políticos do noso país ningún se
quere queimar as mans? Están a tomarnos por parvos. A conselleira de Medio
Ambiente da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez, denunciou que “Galicia non ten
ningún tipo de dato” sobre a expedición francesa, “miña nai”. Pero si que tiñan
coñecemento desde hai anos de que iso se levaba a cabo. Acórdanse de José María
Aznar ou Mariano Rajoy, gobernaron ou non gobernaron o Executivo central? Pois ben,
señor Sánchez e señor Rueda, a misión científica xa identificou os primeiros 1.000
contedores de residuos nucleares dos aproximadamente 220.000 que foron vertidos
durante décadas no século XX na fosa atlántica, a uns 700 quilómetros de Galicia. O
Consello de Seguridade Nuclear (CSN) é o organismo encargado da protección
radiolóxica e da xestión de residuos radioactivos en España. En caso de verteduras ou
achados de bidóns radioactivos, as autoridades e organismos competentes, como o
Goberno galego, deben coordinarse para buscar solucións e levar a cabo os labores
de seguimento técnico e ambiental. A que esperan entón? A seguir pasándose a
pelota duns a outros. Como representante dunha organización política en Galicia,
apoiamos o chamamento da organización ecoloxista Greenpeace, reclamando que
tanto a Unión Europea, como o goberno español asuman as investigacións para
determinar o estado dos 220.000 bidóns con residuos radioactivos depositados na
fosa atlántica.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.