“Corrupción, o diñeiro de todos” – José Manuel Pena

13 Xuño 2025

A corrupción é algo inherente ao ser humano. Non hai colectivo, entidade, organismo, empresa ou persoa individual que esteamos libres de cometer algún delito de corrupción. O peor, é cando esta afecta o erario público e ao diñeiro de todos. Nas Administracións Públicas e na empresa privada, moi poucos son os que poden poñer a man no lume.

Foi e é unha práctica habitual. As empresas, levando sobres aos despachos oficiais para garantirse a adxudicación dalgunha obra ou servizo determinado, que lle reportaría importantes beneficios económicos, sen pasar polos controis administrativos. A adxudicación, a dedo, de postos de traballo en organismos, entidades públicas ou de xestión privada. A compra de artigos ou materiais nos mesmos establecementos comerciais, porque son amigos, simpatizantes ou militantes do mesmo partido de goberno. A través de decenas de pequenas cantidades económicas a facturar, para que non teñan que pasar polo filtro dos departamentos de contratación e así saen centos de miles de euros para a mesma empresa, ao longo de varios anos.

Calquera que sente a pensar sobre o que ocorre ao seu ao redor máis próximo, poderá observar como son sempre as mesmas persoas e familias as que acceden a postos de responsabilidade en empresas ou organismos públicos, sen pasar por ningún tipo de control, coa desculpa de ser persoal de confianza ou por simple afinidade política.

Obras públicas que se contratan, baixo un orzamento inicial e que logo se incrementan considerablemente, quedando polo camiño miles de euros en “comisións”. Concesión de licenzas de obras ou modificación dos plans urbanísticos, mediante plans parciais e así beneficiar ao promotor ou construtor de quenda para embolsarse as correspondentes “comisións”. Demasiada corrupción, nunha sociedade dopada polo diñeiro.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

La primera visita del Papa a España, algo más que un viaje pastoral, ya forma parte de la historia. Nuestro país está viviendo unos días extraordinarios, cargados de emoción, simbolismo y esperanza, que permanecerán durante mucho tiempo en la memoria colectiva de...

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

"El estado soy yo" (L'État, c'est moi) es una célebre frase atribuida al rey Luis XIV de Francia (el "Rey Sol"). Él y otros como él si son estado, pero nosotros no somos estado. Nosotros somos los que alimentamos al estado, es decir el menú del estado Trabajamos seis...