
Non é nada novo dicir que unha parte non desdeñable do que a Xunta de Galicia recada vai parar a empresas privadas mediante convenios discrecionais non sempre debidamente xustificados. Máis é necesario incidir na denuncia, como fixo esta semana o xornal Público, tendo en conta que falamos de cartos asimesmo públicos, de cuxo movemento o goberno galego debe responsabilizarse.
Así, a Xunta dispón desde moitos anos atrás -especialmente desde que a presidiu Manuel Fraga Iribarne ata os nosos días- dunha xeira de subvencións que, mediante a fórmula de convenios discrecionais, aplica en base ao concepto de “axudas ao fomento do idioma galego” e que van parar en grande medida aos mesmos medios de comunicación nos que o propio pobo galego non atopa xustificación algunha para mereceren ese “distingo”, agás o paralalelismo entre a liña editorial do medio ou medios en cuestión e a que segue o partido que sustenta o Executivo eutonómico.
Estas aportacións económicas son máis patentes na Xunta, pero nen moito menos exclusivas: concellos, deputacións, organismos dependentes da comunidade, etc., autónoma, seguen a mesma rota.
A Xunta aprobou recentemente unha nova remesa de axudas a outorgar en concepto de fomento do galego, neste caso para cinco empresas edjtoras de xornais, tramitadas pola Consellería de Cultura, Língua e Xuventude, convenios que non se someten ás normas de libre concorrencia e publicidade para as que se lles prohibe que estean destinadas do lucro das sociedades coas que se subscriben. En total ascenden a 293.503 euros que, na súa maior parte (142.000 euros) non van parar, nen moito menos, ás contas dos xornais que máis empregan o galego no seu contido se non mñais ben nos de maior tiraxe. Figura en segundo lugar unha sociedade editorial con cabeceiras en Vigo, Santiago e A Coruña, ás que se adxudican 75.000 euros. Con 40.000 euros foi beneficiado o grupo de cabeceiras de Lugo e Pontevedra; con 25.000 euros o editor de senllos xornais de Ourense e Pontevedra, e con 4.000 o editor dos xornais da Corujña, Ferrol e Vilagarcìa.
Sos mesmos beneficiarios que levan anos recibindo axudas para a fomento do galego, idioma apenas utilizado neles, que o teñen coma residual e que, a maiores, se reparten directamente coa anuencia da Xunta ou das sñujas entidades: consellerías, axencias, fundacións, empresas públicas e outras entidades a través de convenios de publicidade, adxudicacións de publicidade institucional e mesmo compras masivas de exemplares.



