Comeza a conta atrás para a décima edición de Os 100 do Barbanza

20 Xuño 2025
O percorrido da presente edición

Esta fin de semana, o sábado 21 e o domingo 22 de xuño celebrarase a nova edición (a décima) da xa histórica proba Os 100 do Barbanza, a andaina-ultratrail de 100 quilómetros que percorre os sete concellos da península do Barbanza.

A saída será ás 16 horas do 21 de xuño na Pobra do Caramiñal dende o Pavillón Municipal de Venecia, para continuar por Boiro, Rianxo, Lousame, Noia, Porto do Son e Ribeira, antes de regresar ao municipio anfitrión. Organizada polo Club Deportivo International Trekkers Barbanza Sar (ITBS), esta é unha proba non competitiva de sendeirismo e ultratrail, na que as e os participantes deberán completar os 100 km nun máximo de 24 horas.

Haberá principalmente deportistas procedentes das nosas catro provinciais, pero tamén dende Cataluña, que é, despois de Galicia, a Comunidade que máis trekkers aporta. O rango de idades é ben amplo: dende os 21 até os 79.

A proba demostrou novamente, neste edición, ser unha cita de gran interese para os afeccionados a camiñar e correr no monte. De feito, en só 10 días, dende que se abriron as inscricións a comezos do ano, esgotáronse os 300 dorsais da décima edición.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.