O núcleo de Buía (Araño) celebrará o sábado 21 de xuño as Festas de San Xoán da Hermida, que comezarán con bombas de palenque e ruada matinal a cago de Banda de Gaitas Buxaina e que inclúen unha misa cantada e procesión (ás 12.00 horas) e unha sesión vermú a cargo de Martín Reimúndez, ex recanteiro do Luar. Pola tarde habilitaranse inchábeis e xogos para a rapazada, entre as 18.30 e as 21.30 horas. Pola noite haberá verbena a cargo da Orquestra Solara ás 23h e logo da medianoite, coa Discoteca Móbil MG. Organiza a Comunidade de Montes do Araño coa colaboración do Concello.





