Bealo celebra este domingo a quinta edición da súa Muiñada

12 Xuño 2025

O Concello de Boiro colabora coa veciñanza de Bealo na celebración da IV Muiñada de Bealo, que se celebra este domingo 15 de xuño a partir das 17.00 horas. A concelleira de Cultura, María Outeiral, presentou a actividade xunto con Juan Carlos García e Miguel Rial, membros da asociación de veciños.

“Esta actividade naceu co obxectivo de poñer en valor o muíño da ponte de Bealo e conservalo para as xeracións vindeiras con actividades que xiran en torno á tradición popular”, afirmou Miguel Rial. O programa de actividades comezará ás 17.00 horas cunha mesa redonda para a recollida e documentación de coplas e bailes, exposición de aparellos de labranza e fotos antigas e musica e baile popular con Pedra da Aroña e Nunca é Tarde.

“Faremos tamén unha visita ao muíño e posta en funcionamento para amosar como se facía a fariña”, sinalou Juan Carlos García. As actividades continuarán cunha merenda e actuación de Maruxa e Coralia.

A concelleira de Cultura, María Outeiral, agradeceu “o esforzo que os veciños de Bealo fan por preservar e poñer en valor a nosa tradición e dala a coñecer entre a xente mais nova cunha actividade como esta muiñada que vai collendo máis sona cada ano”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.