As embarcacións Siradella, Peperetes-Nortemar e Fixus impuxéronse a 1ª manga da XXIV Regata Concello de Rianxo, Trofeo Elidente

10 Xuño 2025

O pasado sábado 7 de xuño disputouse nas augas da enseada de Rianxo a primeira proba da XXIV Regata Concello de Rianxo Trofeo Elidente. Desde o principio da proba estableceuse un vento do suroeste que se mantivo oscilando entre os 7 e 12 nós de intensidade, o que permitiu ao comité de regatas dar a saída á hora prevista e expor un vistoso percorrido de 18 millas, consistente nun desmarque ao vento para logo dirixirse en rumbo de cinguida cara á boia do Seixo, Ter, Aurora, Moscardiño, Aurora e chegada no Seixo.

Na clase ORC A, o triunfo foi para o Siradella, de César Álvarez (CN Portosin) que non deu opcións aos seus rivais, seguido polo Galopín de Manuel Franco (CND Ribeira), sendo a terceira praza para o Chispetrén de Jesús Iglesias (CN Arousa Norte).

Na clase ORC B o Peperetes-Nortemar de José Manuel Millán Armas (RCR Galicia) fíxose coa primeira posición desde o inicio da proba, posición que non abandonou durante todo o percorrido. En segunda posición o Arpón IV de Iñaqui Carbajo (CN Beluso), que navegou sempre preto do Youkounkoun de Adolfo Castro (C.N. Portonovo), fíxose coa segunda praza, seguido polo Youkounkoun, o Ráfagas II de José Carreira (CN Rianxo) e o Alpha de Manuel Nieto González (CN Arousa Norte).

Na clase ORC C, triunfo incontestable para o Fixius, de Miguel Pérez-Lafuente (RCR Galicia) seguido do Piolín de Manuel Castro-Gil (CN. Arousa Norte) e o Salut de José Ignacio Salgado (CN Indepe. Galicia).

Despois de disputarse a primeira proba e na espera da segunda, que está prevista para o vindeiro sábado 14 de xuño, a clasificación provisional do trofeo queda en cada clase, da seguinte maneira:

CLASE A 1º

Siradella César Álvarez

2º Galopin Manuel Franco

3º Chispetrén Jesús Iglesias

CLASE B

1º Peperetes-Nortemar José Manuel Millán Armas

2º Arpón IV Iñaqui Carbajo

3º Youkounkoun Adolfo Castro

CLASE C

1º Fixius                                             Miguel Pérez do R.C.R. Galicia

2º Piolín Manuel Castro-Gil

3º Salut                                José Ignacio Salgado         

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.