AGADIC reforza a actividade do Rompetiño Jump (O Son) cun patrocinio de 30.000 euros

23 Xuño 2025

A Xunta resolveu a adxudicación de 270.000 euros para o patrocinio dos festivais Rompetiño (Porto do Son), Sinsal, 17º Ribeira Sacra e SonRías Baixas. O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), Jacobo Sutil, asinou os correspondentes contratos cos responsábeis destes importantes eventos culturais, que renovan así a súa adhesión á marca da Xunta FEST Galicia para promover a nosa Comunidade como destino musical baixo criterios de calidade e sustentabilidade. Sutil explicou que a través deste selo “búscase contribuír a crear valor engadido en festivais con características singulares e distintivas, amosando ao tempo a diversidade e a pluralidade do talento musical galego e favorecendo a descentralización da oferta cultural”.

As catro citas FEST Galicia deste ano, incluídas na campaña Para Gustos, Cultura desenvolveranse ou iniciaranse no vindeiro mes de xullo, comezando polo Rompetiño Jump en Porto do Son, entre os días 4 e 6 ; 17º Festival Ribeira Sacra, en varios concellos lucenses desa zona do 18 ao 20; Sinsal SON Estrella Galicia na illa de San Simón (Redondela), do 25 ao 27, e o SonRías Baixas en Bueu, do 31 de xullo ao 3 de agosto.

Outra das prioridades da marca xestionada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude é “impulsar unha maior presenza da música galega nos eventos destas características, establecendo entre os requisitos de adhesión a contratación dun mínimo de catro bandas ou solistas de Galicia en cada un dos festivais”.

Os encontros FEST Galicia contan con patrocinios de entre 30.000 e 80.000 euros en función do número de edicións celebradas e do tempo de adhesión á marca. Así, o Rompetiño Jump celébrase por terceiro ano consecutivo baixo este selo, a través do que recibe 30.000 euros para o seu apartado musical dentro dunha variada programación centrada na cultura e os deportes urbanos. Nel, figuras da escena galega como Arce, Kike Varela ou Dirty Suc comparten escenario con artistas de referencia do panorama estatal como Disobey, Soto Asa, Raúl Clyde ou Métrika.

As outras tres citas dispoñen de 80.000 euros cada unha como apoio á súa singularidade no mapa galego de festivais. Así, o 17º Ribeira Sacra converte a súa contorna nunha protagonista máis para conectar público, música, gastronomía, patrimonio e territorio, como tamén a illa de San Simón o é no caso do Sinsal, cun cartel sorpresa que é sempre sinónimo de calidade e diversidade, ademais da súa aposta por minimizar o impacto medioambiental. A conexión co mar nun enclave privilexiado das Rías Baixas é tamén unha das sinais de identidade do SonRías, cuxa variada oferta vai desde o rap, rock ou pop ata a música de raíz.

Outros artigos

Xoves 10, inestabilidade atmosférica e baixa da temperatura

O tempo comezará a empeorar este xoves debido a un incremento progresivo da inestabilidade atmosférica. A xornada arrancará con néboas no interior e brétemas costeiras, que poderán ser máis persistentes en puntos do litoral. Co avance do día, agárdase un aumento das...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Del veraneo a las vacaciones”. Javier García Sánchez

“Del veraneo a las vacaciones”. Javier García Sánchez

En mis recuerdos está más que presente el modo conel que se nos premiaba al final del curso escolar yque todos conocíamos como veranear. Eran variosmeses de veraneo de infancia y juventud quediscurrían en una de las playas más emblemáticas.En mi caso la que se conocía...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.