Aberto o prazo para solicitar permisos para as cacharelas da noite de San Xoán en Rois

03 Xuño 2025

O Concello de Rois informa de que xa está aberto o prazo para solicitar os permisos necesarios para a realización de cacharelas na noite do San Xoán, o próximo luns 23 de xuño de 2025. As solicitudes deberán presentarse antes das 14.00 horas do venres 20 de xuño, acompañadas do formulario correspondente.

As persoas interesadas deberán indicar o nome, enderezo, teléfono e/ou correo electrónico, xunto cunha fotocopia do DNI, localización exacta da cacharela e unha descrición das súas características (tipo: fogueira, sardiñada… e tipo de terreo: terra, asfalto, beirarrúa…).

O permiso pode solicitarse de forma presencial, nas oficinas do Concello de Rois; ou a través da sede electrónica, con DNI electrónico ou certificado dixital. As solicitudes por correo electrónico non son válidas.

O Concello lembra que esta tradicional celebración “require o cumprimento estrito de normas básicas de seguridade e prevención, como manter unha vixilancia continua do lume, ter a man elementos de extinción (auga ou outros), respectar distancias mínimas e limpar a zona tras o remate da actividade”.

A faixa perimetral ao lume ha de estar despexada de elementos que poidan facilitar a súa propagación e tampouco se poderán acender as fogueiras a menos de 15 metros de calquera edificación, tendido eléctrico, instalación de calquera tipo ou vehículo, nin a menos de 50 metros das árbores. A morea de materiais que formen a cacharela non poderá exceder os 3 metros de altura.

Está prohibida a queima de materiais perigosos como plásticos, colchóns ou rodas, e tamén as cacharelas na praia fluvial ou en espazos naturais protexidos.

As solicitudes entenderanse autorizadas automaticamente salvo denegación expresa, sempre que se cumpran todos os requisitos establecidos no bando. Os servizos de emerxencia e de seguridade poderán revisar o cumprimento das normas en calquera momento.

Pódese consultar o bando completo e descargar o formulario de solicitude no documento adxunto ou na ligazón habilitada.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.