A Xunta inviste 265.000 € na renovación das luminarias do porto de Ribeira con tecnoloxía LED de alta prestación e software de telecontrol

20 Xuño 2025

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, anunciou un investimento de 265.000 para a renovación das luminarias do porto de Ribeira por tecnoloxía LED de alta prestación e control telemático. As obras están en execución esta semana e, en palabras do ente autonómico, “permitirán modernizar o alumeado exterior do porto, reducindo o consumo enerxético”.

Portos engadiu que esta actuación enmárcase nun plan global para unha trintena de dársenas autonómicas no que a entidade inviste este ano 3 millóns de euros para dotar de sistemas de alumeado exterior sustentábel ao sistema portuario autonómico.

En concreto, no porto de Ribeira, estase a actuar sobre 169 luminarias e proxectores para a súa renovación, incluíndo a retirada das instalacións existentes, substitución polos novos equipos LED, así como a dotación de sistemas de telexestión.

O obxectivo principal destes traballos de modernización é “reducir a contaminación ambiental e luminosa nos espazos portuarios, co apoio dun sistema de control remoto das luminarias”, sinalou Portos, engadindo que con estas intervencións “aportarase maior comodidade visual aos seus traballadores e usuarios ademais de procurar ese aforro enerxético estimado do 60 %”.

A tecnoloxía LED que se vai habilitar está “especialmente deseñada para traballar en espazos portuarios pola súa durabilidade en ambientes mariños e condicións climáticas adversas”. Ademais, incrementarase a protección contra sobretensións e implantarase unha capa tecnolóxica para o telecontrol de iluminación, engadiu Portos, explicando que “esta actuación únese á recentemente rematada de renovación dos pavimentos nas vías do porto de Ribeira”. En concreto, o ente público executou un novo pavimento en varias zonas do peirao, o aparcadoiro da lonxa, o paseo das Carolinas e a avenida do Malecón. O investimento total desta actuación foi de 140.000 euros.

Ademais, Portos de Galicia vén de emitir autorización para a celebración de dúas celebracións de festas no porto ribeirense de Palmeira. Así, o ente público outorgou xa os permisos para as festas de San Xoán desta parroquia así como para os festexos estivais que se celebran no mes de agosto.

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.