A limpeza voluntaria da praia de Broña celebrarase o martes 10 de xuño en horario de mañá

08 Xuño 2025

Finalmente a actividade voluntaria e participativa de limpeza de praias en Outes que organiza a Aula Sostible do Freixo e que estaba prevista para este xoves 5 de xuño tivo que adiarse até o vindeiro 10 de xuño por mor da chuvia.

A nova cita desenvolverase como está previsto inicialmente no areal de Broña (Outes) en horario de mañá: de 11.00 a 13.30 horas. Serán benvidas todas as persoas que se acheguen a colaborar, segundo confirmaron novamente dende a organización. Trátase dunha xornada organizada desde a Aula Sostible do Freixo, a Asociación de Mulleres do Sector Pesqueiro SEO Fisterra-Ría de Muros Noia, a Asociación Misela e máis o Concello de Outes, coa colaboración da asociación ambiental Noia Limpa e as entidades inclusivas ADISBISMUR e A Creba Saúde Mental. As persoas interesadas en participar ou en obter máis información sobre a xornada de voluntariado poden chamar ao seguinte número de teléfono: 627 570 949.

Outros artigos

Camiño Escena Norte inclúe Outes no seu percorrido galego

Volve coller corpo Camiño Escena Norte, o programa de intercambio cultural a través das artes escénicas que celebra este ano a súa oitava edición e que desenvolverá (co apoio da Xunta) a súa programación do 18 de setembro ao 15 de novembro de xeito simultáneo en...

+

Falece un motorista tras saírse da calzada no concello de Outes

Un motorista perdeu a vida na tarde deste domingo tras sufrir unha saída de vía no termo municipal de Outes. O tráxico accidente produciuse arredor das 18:15 horas á altura do quilómetro 8 da estrada DP-5604, segundo confirmaron fontes do 112 Galicia. Polo de agora...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.