Este mes de xuño será un mes musical en Rianxo da man da Escola de Música Municipal que organizará no Auditorio (e no Cuartel Vello) o seu Festival de Verán edición 2025 en cinco sesións ao longo dos vindeiros días: entre o venres 13 de xuño e o mércores 18.
O festival comezará este venres 19 no Auditorio a partir das 19.30 horas coas aulas de canto, saxofón, frauta e clarinete.
A sesión segunda terá lugar no Auditorio Municipal a partir das 11.30 horas, coas aulas de baixo eléctrico, bombardino, fagot, óboe, trompeta, trombón, tuba, combo infantil e iniciación musical.
A sesión terceira será o sábado 14 de xuño, ás 18.30 horas no Auditorio. Actuará o alumnado das aulas de violonchelo, violín, percusión, conxunto de cordas e banda infantil.
A cuarta sesión celebrarase do domingo 15 de xuño, a partir das 11.30 horas no Auditorio, da man das aulas de piano e guitarra.
A última e quinta sesión será o mércores 18 de xuño, no Cuartel Vello de Rianxo a partir das 20.00 horas, da man do alumnado de canto e guitarra.




